Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A folga anula voos, non haberá servizos mínimos de trens e as urxencias mantéñense ao 100 %

RR_Noticias

En Redondela agárdase que o seguimento da folga no sector do comercio e a hostalaría sexa elevado, ao redor dun 72% dos establecementos pecharán, segundo a Asociación de Empresarios. A mobilización central será en Vigo, con saída ás 11.30 horas da Praza de España.

Desta volta, a folga xeral vai ser unha “Xornada de Loita Europea”, na que os principais sindicatos de Galicia, España, Portugal, Grecia, Italia, Malta e Chipre, chaman á mobilización cidadá contra o que consideran unha situación de emerxencia que está a conducir á perda de dereitos e condicións de vida. “Ningún país pode superar un paro do 25 %, e se non se corta a tempo xerará exclusión social” segundo o secretario de Formación e Emprego da UXT-Galicia, Domingo Barros. Para o secretario nacional da CIG, Suso Seixo, o peor aínda está por vir, e agoira que haberá unha caída dos salarios “do 25 ou 30 por cento”, toda vez que a reforma laboral elimina as prórrogas indefinidas dos convenios colectivos non renegociados, que perden vixencia ao cabo de doce meses. A CIG sitúa o foco das protestas nas necesidades do noso país e por iso o seu lema de cara ao 14N é “Contra a explotación e o emprobrecemento. Por unha Galiza soberana e con futuro”. Pola súa banda, CCOO e UXT elixen “Unha tarefa común” e engaden que “Déixannos sen futuro. Hai Culpables. Hai solución”. No que atinxe á xornada de paro en Galicia, funcionarán os servizos mínimos habituais, semellantes aos da folga de marzo, polo que os maiores atrancos estarán no transporte público, especialmente no aéreo, e recoméndaselle aos viaxeiros que consulten coas súas compañías a dispoñibilidade de conexións. A manifestación central do 14N en Galicia desenvolverase en Vigo a partir das 11:30 da mañá dende a Praza de España á Praza América, mentres que na maioría do resto de cidades e vilas as marchas partirán ás doce do mediodía.  

CC.OO e UXT
Xavier Dongil de CC.OO. e Xose Antonio Gómez de UXT.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará