Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercar en Redondela ten premio

RR_Noticias

O comercio da vila repartirá 2.000 euros en vales de compra entre os clientes que merquen nos establecementos asociados. A campaña está aberta ata o 16 de novembro, e os que desexen participar no sorteo tan só terán que achegarse a carpa situada na Praza da Constitución cos seus tickets de compra e recoller os boletos. O sorteo celebrarase o día 16 nunha xornada festiva con música,animación e maxia.

A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Empresarios de Redondela veñen de poñer en marcha unha campaña de dinamización do comercio local, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrolarase en Redondela ata o 16 de novembro. A iniciativa premiará con 2.000 euros a confianza no pequeno comercio, sorteando tres tarxetas regalo de 200 euros e 14 tarxetas regalo de 100 euros. Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza da Constitución ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, e recibirán os boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 16 de novembro. Será nunha carpa na Pista da Xunqueira, cunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. Comezará ás 16.30 horas con animación, pasarrúas, zancudos e malabaristas. Ás 18.30 horas Espectáculo de Maxia cómica “Rey Midas”, ás 19.30 horas actuación musical a cargo de The Three Glicéridos, e ás 20.00 horas celebrarase o sorteo e a entrega de 2.000 euros en premios. Hai que salientar ademais que os clientes que fagan as súas compras coa Tarxeta Comercio de Novagalicia Banco terán o dobre de oportunidades de gañar, xa que obterán dous boletos por cada ticket presentado. A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Nesta edición, desenrólase en oito localidades galegas, ademais de Redondela son Vilalba, Verín, Betanzos, Vilagarcía, Viveiro, O Barco e Noia.  

Antonio Gómez presidente da Asociación de Empresarios de Redondela
Gómez entende que a campaña é un xeito de premiar a fidelidade dos clientes.
Antonio Reguera presidente da Federación Provincial de Comercio
Reguera destaca o peso comercial de Redondela na provincia de Pontevedra.
Jose María Seijas presidente da Federación Galega de Comercio
Seijas explica que os premios volverán a dinamizar o comercio local xa que os vales teñen que gastarse nos establecementos da vila.
Ana Alonso concelleira de Economía
No Concello entenden que se trata dunha boa oportunidade para reactivar o comercio local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará