Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous redondeláns detidos canto tentaban roubar nunha vivenda no centro da vila.

RR_Noticias

Un veciño, na madrugada do mércores, alertaba á Policía Local de que dous homes con carapuchas tentaban romper a reixa dunha vivenda da rúa Regateiros. Os dous homes, con antecedentes penais, xa pasaron a disposición xudicial.
 

A Policía Local detivo a dous veciños de Redondela cando tentaban roubar nunha casa no casco urbano do municipio. Os axentes sorprenderon aos dous ladróns logo de romper unha reixa e unha xanela para acceder ao seu interior. Os feitos producíronse durante a madrugada do mércores nunha casa de planta baixa da rúa Regateiros, paralela a Xeneral Rubín.
Un veciño alertou á Policía ao observar a dúas persoas encapuchadas que trataban de romper unha reixa. De inmediato unha patrulla presentouse no lugar e sorprendeu aos dous individuos cando tentaban acceder á vivenda tras rebentar o enreixado e romper o cristal da xanela, polo que procederon á súa detención.
No lugar tamén se atopou unha cizalla e outras ferramentas que supostamente utilizaron para romper a reixa. Os arrestados, que contan con antecedentes penais, son dous veciños de Redondela, J.M.O.B., de 27 anos, e M.P.G., de 38 anos. Os dous detidos foron trasladados á comisaría de Vigo e postos a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará