Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea en Pontellas

RR_Noticias

A eficacia de cara ó gol foi o factor determinante no partido entre os redondeláns e os porriñeses. Os de Jacobo Montes estiveron moi acertados e souberon aproveitar ben as súas oportunidades. No resto de categorías on houbo tanta sorte para os equipos locais. Perderon todos os de Segunda Autonómica, mentres que en Terceira Autonómica gañou o Arcade e empataron Vilar e Cesantes.

Preferente Sur
Pontellas 1-4 Choco
Os de Jacobo Montes golearon en Pontellas, aínda que o avultado do marcador non reflicte exactamente o sucedido nos 90 minutos de xogo. Os dous equipos estiveron bastante igualados, e as diferenzas radicaron sobre todo na definición cara áportería. O Choco logrou desequilibrar o marcador aos 5 minutos de xogo por mediación do seu dianteiro Chus. De novo Chus para os redondeláns transformaba o 0-2 cun potente disparo na área e tan só un minuto máis tarde o mesmo protagonista facía o 0-3, conseguindo o triplete e a sentenza do encontro. No segundo período, o Pontellas, máis ambicioso pasou a dominar, aínda que sen acerto de cara ó gol. O Choco logrou o cuarto tanto ao contraataque por mediación de Ero. Os locais lograron reducir distancias seis minutos máis tarde ao transformar de penalti o capitán Berto, e inquietarían a meta de Cortegoso en varias ocasións, pero sen lograr recompensa algunha. A vitoria deixa ó Choco na 9ª praza, a próxima xornada recibe ó Estradense, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica
A Guía 4-1 Chapela
O equipo de Chapela é o pechacancelas do seu grupo logo da derrota diante da Guía. O domingo reciben ó Nieto, un dos fortes da categoría.
Choco B 0-3 Coia
O filial do Choco non fixo o seu mellor encontro e os vigueses foron superiores. Na próxima xornada o Choco B xoga no campo do Castrelos.
Soutomaior 1-3 Cuntis
O Soutomaior non foi quen de superar ó líder, que foi superior no campo do Soutomaior. Agora son 10º, e na próxima xornada desprázanse ó campo do Noalla, 3º clasificado.
Nespereira 0-3 Guardés
Os de Pazos non puideron co líder, que foi moi superior ao pechacancelas. A próxima xornada o Nespereira xoga no campo do S.Salvador.
Terceira Autonómica
Cesantes 1-1 Vilaboa
Encontro moi igualado que se saldou con reparto de puntos. Na próxima xornada o Cesantes visita o campo do pechacancelas, o Presqueiras.
Guillarei 3-3 At. Vilar
Táboas nun partido con moitas ocasións e con moitos goles. A próxima xornada o Vilar descansa.
R.Bahía B 0-3 Arcade
Vitoria do Arcade, que foi moi superior ó filial do Bahía. O domingo reciben ó S. Andrés, da parte baixa da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará