Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos afirma que continuará no goberno local de Redondela aínda que acceda ó Hórreo

RR_Noticias

Os resultados electorais do PP na provincia de Pontevedra fan moi probable que o edil redondelán teña unha cadeira no Parlamento Galego. A candidatura estaba encabezan por moitos nomes que están chamados a repetir nas consellerías da Xunta, polo que abandonarían o seu escano.

Alberto Pazos, concelleiro de Cultura, concorría no posto 13º da candidatura e os populares sacaron 11 escanos. Tal como está previsto, moitos dos que ocupan os primeiros postos da lista repetirán como conselleiros. É o caso de Alfonso Rueda, Javier Guerra, Elena Muñoz ou Agustín Hernández, que deixarían libre o seu escano de parlamentarios. O voceiro do grupo municipal do PP da por feito que isto aconteza. E Pazos Couñago amósase “ilusionado” con esta nova etapa na súa carreira política e “agradecido” por poder representar a Redondela no Parlamento Galego. En canto á posibilidade de abandonar as súas responsabilidades no Concello de Redondela, négao rotundamente. Afirma que continuará como edil polo compromiso adquirido “co alcalde, co equipo de goberno e cos veciños”. Recoñece que podería ser necesario facer “algúns axustes” no reparto de funcións dentro do goberno local, pero que continuará con concelleiro “todo o mandato”.  

Alberto Pazos concelleiro
O edil amósase ilusionado ante a súa nova etapa no Parlamento Galego.
Compromiso con Redondela
Pazos continuará como edil polo compromiso adquirido co goberno local ecos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará