Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela busca manter o liderado en Coia co apoio dos seus afeccionados

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira seguen invictos na liga de Primeira Nacional. Este sábado xogan no pavillón do Magope Seis do Nadal, outros dos fortes da categoría. No club agardan poder superar a proba coa apoio dos seus seareiros, que están a ser “unha peza clave” para acadar os obxectivos do equipo.

Logo de gañar a pasada xornada en Chapela ó Cafés Toscaf por 33-20, o equipo de balonmán de Chapela lidera a clasificación en solitario. O reto é seguir invictos, pero terán enfronte a un duro rival. O adestrador lembra que os vigueses xa lles gañaron na pretemporada, pero agarda obter un resultado positivo en liga, como na pasada temporada. Para iso pretenden contar co apoio dos seus seguidores, que se desprazarán a Coia, como veñen facendo en todos os partidos nos últimos meses. O partido será ás 18.30 horas. Para Teixeira o feito de ter gañado a pasada liga, e os bos resultados desta “serían imposibles” de non ser polo apoio do seu público. En canto ós obxectivos para a presente campaña, o técnico agardar repetir o éxito da anterior temporada e xogar a fase de ascenso, aínda que recoñece as dificultades. Para Teixeira a liga este ano será “máis dura”, xa que entre os favoritos estará non só o Zamora senón tamén o Novás, recentemente descendido. Preferente Sur Choco 1-1 P Ourense Os de Jacobo Montes quedan no posto 11º, a próxima semana xogan no campo do Pontellas. Segunda Autonómica Chapela 1-2 R. Bouzas Os redondeláns quedan no penúltimo posto, e na próxima semana xogan no campo de A Guía. Sárdoma 2-4 Choco B O filial do Choco é quinto, e na próxima fin de semana reciben ó Coia C.Lameiro 3-0 Soutomaior A derrota deixa ó Soutomaior na metade da táboa. A próxima xornada recibe ó At. Cuntins, lídero do grupo. Arbo 3-0 Nespereira Os de Pazos seguen como pechacancelas. Próxima xornada Lirens-Nespereira. Terceira Autonómica Arcade 4-3 Xeve Os de Soutomaior son quintos, e a vindeira semana xogan no campo do R. Bahía B Moaña B 4-0 Cesantes Os redondeláns están no posto 13º da táboa. Próxima xornada Cesantes-Vilaboa At. Villar 0-1 Oiense A derrota déixaos no posto 11º. Próximo domingo Guillarey-At Villar.  

Fran Teixeira adestrador
No club aseguran que os seus éxitos non serían posibles sen o apoio dos seus seguidores.
Magope-Solla&Cía Chapela
Teixeira agarda un rival moi duro aínda que confían en acadar un resultado positivo.
Obbxectivos para a temporada
No club confían en repetir o éxito da pasada campaña e optar á fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará