Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consorcio Galego habilitará unha escola infantil nos baixos do Colexio Laredo

RR_Noticias

A parroquia de Chapela disporá dunha gardaría pública, logo do anuncio do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que abrirá unha escola infantil con capacidade para 61 alumnos de 0 a 3 anos de idade.

A gardaría situarase na planta baixa das instalacións do colexio de Laredo, un centro público próximo ao paseo marítimo de Cardona. O goberno local xa se comprometeu á cesión destas aulas, que actualmente están en desuso, e nas que se habilitará a nova escola infantil. A Consellería de Igualdade e Benestar publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que encomendaba ao Consorcio as xestións oportunas para que constrúa esta infraestrutura educativa, que se enmarca nun convenio subscrito entre o Ministerio de Educación e o Goberno galego dentro do Plan Educa3. O Consorcio encargarase de todo o proceso administrativo, e por tanto terá que licitar e construír a gardaría. O orzamento da actuación establece unha tarifa máxima de 10.000 euros por praza creada, polo que en ningún caso poderá superar os 610.000 euros e orzamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará