Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco puntúa na casa do líder

RR_Noticias

Igualada entre o equipo redondelán e o Barco, cun resultado de 1-1. Adiantáronse os ourensáns nun partido moi disputado e con poucas ocasións de gol, no que os de Jacobo Montes souberon aproveitar as ocasións e anotaron o gol do empate ao comezo da segunda parte. Jacobo Montes destaca que o equipo estase a consolidar logo dos cambios producidos a principio de temporada

Preferente Sur Barco 1-1 Choco Os primeiros minutos foron de dominio do equipo ourensán, que tentou adiantarse no marcador en disparos de Víctor Veiga e David, pero estivo moi acertado o porteiro redondelán, Cortegoso. O Choco trataba á contra de buscar o gol, pero a defensa barquense estivo tamén moi acertada en todas as intervencións. No minuto 26 unha xogada moi ben elaborada por toda a dianteira local acababa cun disparo de Diego que bate a portaría de Cortegoso. Logo do descanso as cousas póñenselle mellor ó Choco, xa que no primeiro minuto de xogo Calvi rematou ao fondo da rede e puxo o empate no marcador. Nos minutos finais o Choco adiantou liñas para tratar de aproveitar o cansazo dos locais, pero Manu Taranilla estivo moi acertado. O equipo redondelán fixo “o seu mellor encontro da temporada” a xuizo do seu adestrador, Jacobo Montes. Logo das importantes baixas sufridas esta temporada (Aitor Gómez, Yeray, Gorka, Fon, Yago e Álex) o equipo estase adaptando ás novas incorporacións, e xornada tras xornada o “funciona mellor”. A próxima semana o Choco recibe en Santa Mariña ao pechacancelas, o P.Ourense. Pero Montes non se fía do rival, que se reforzou con catro fichaxes a pasada semana, e advirte que hai que saír ó campo sen baixar a garda e ir “a por todas”, cun futbol “agresivo” no aspecto ofensivo para gañar o encontro. Segunda Autonómica Choco B 2-3 Coruxo Derrota na casa dos redondeláns nun encontro con moitos goles, no que o equipo vigués soubo aproveitar mellor as ocasións. A próxima xornada o filial do Choco xoga no campo do pechacancelas, o Sárdoma. Victoria 1-0 Chapela Os redondeláns deixaron tres puntos no campo dun dos equipos máis forte da liga, o Victoria, e desaproveitou un tiro ó pau. Na próxima xornada reciben ó R. Bouzas B. Soutomaior 2-1 Mosteiro Os de Soutomaior suman tres puntos que os deixan na parte alta da táboa. O domingo xogarán no campo do C.Lameiro, o 3º clasificado. Nespereira 0-5 Neves O Nespereira non se está a afacer á categoría, e aínda non sumou ningún punto no que levan de liga. Están a encaixar moitos goles, como esta pasada fin diante do equipo das Neves. A próxima xornada xogan no campo do Arbo. Terceira Autonómica Cesantes 2-1 Santomé A vitoria deixa ó Cesantes na metade da táboa logo dun partido moi disputado. A próxima xornada xoga no campo do Moaña B, co que está empatado a puntos.   Caroi 1-1 Arcade   Reparto de puntos nun encontro moi igualado. O próximo domingo os de Soutomaior reciben a un dos equipos máis frouxos do grupo, o Xeve.  

Jacobo Montes adestrador
O equipo está a adaptarse ben aos cambios desta temporada.
Choco-P.Ourense
O rival é o pechacancelas do grupo pero ben de reforzarse con catro fichaxes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará