Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira terá un centro para discapacitados

RR_Noticias

A Xunta autorizou a construcción dun centro de día para discapacitados intelectuais en Cedeira. O proxecto promóveo o colectivo Special Olimpics Galicia, a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual. O centro levantarase nunha parecela de 5.300 metros, e será un inmoble con fins deportivos e de lecer destinado a persoas con discapacidade intelectual.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas concedeulle a Asociación de discapacitados Special Olimpics Galicia unha autorización para a construción dunha instalación deportiva e de lecer no lugar de Coello, na parroquia de Cedeira. A autorización permite ao colectivo a construción dunhas instalacións de usos e actividades en chan rústico, co obxectivo de construír unha edificación destinada a centro de dotación para deporte e lecer de persoas con discapacidade intelectual e acondicionar os espazos exteriores para acceso e aparcadoiro. A parcela conta con 5.300 cadrados, pero a superficie construída non poderá superar os 1.569,7 metros cadrados de cesión e a altura máxima non poderá pasar de 7 metros. Ademais, esíxese que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e tamén os materiais, cores e acabados sexan acordes coa paisaxe e construcións tradicionais da contorna.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará