Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polas preferentes concéntranse en Redondela para esixir solucións e máis información

RR_Noticias

A Plataforma de Afectados por Participacións Preferentes e Subordinadas convoca unha concentración mañá xoves diante das sucursais redondelás de Novagalicia Banco, de 17.00 a 18.00 horas. Queren así denunciar que nin o banco nin as administracións lles deron aínda unha solución. Advirten tamén que son aínda moitos os clientes que descoñecen ter contratado un produto destas características.

Carlos Igrexas, portavoz da Plataforma, sinala que este é o dobre obxectivo da concentración, por unha banda un chamamento “á entidade bancaria e a todos aqueles organismos públicos que teñen na súa man a solución para os afectados”, e por outro lado esixir ós responsables de Novagalicia Banco que dean “máis e mellor información” a aqueles afectados que aínda non saben o produto financeiro que teñen contratado. En canto á opción da arbitraxe, Igrexas afirma que os afectados “non se fían desta vía”, xa que se descoñece cales son os criterios que se seguen para determinar quen pode beneficiarse da arbitraxe e quen non. Os diferentes colectivos de afectados “dubidan da transparencia” das arbitraxes, e ignoran cal é “o perfil” que o cliente de be cumprir para poder resolver a súa situación por esta vía. O Concello de Redondela aprobou no pasado pleno do mes de setembro unha moción na que se pide a impugnación do Real Decreto que prexudica ós afectados polas preferentes, por consideralo inconstitucional.    

Carlos Igrexas portavoz da Plataforma
Os afectados concentraranse nas oficinas de Redondela na tarde do xoves.
A arbitraxe
Os afectados desconfían desta solución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará