Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen Ghasoil promove o uso da bicicleta

RR_Noticias

O movemento Masa Crítica Galega chega a Redondela para concienciar á poboación das vantaxes de desprazarse en bici para mellorar a mobilidade e evitar os problemas de contaminación, ruídos e atascos. A marcha ciclista celébrase o sábado por Chapela e Redondela.

A actividade principal será unha marcha ciclista que comezará na Alameda de Chapela ás 16:00h, con dirección á estación de Renfe de Redondela onde farán unha parada para protestar pola eliminación de conexións ferroviarias. Logo retoman a marcha cunha nova parada prevista ás 17:30h na praza do Concello redondelán, onde se poderán unir máis ciclistas. Tras dar unha volta á vila dirixiranse á praia de Cesantes para logo retornar ó centro da vila. Rematada a marcha celebrarán varias actividades na pista da Xunqueira, como un taller de ergonomía e de arranxo de bicicletas, ademais de xogos populares e unha cea-merenda tradicional. Esta actividade está organizada polo colectivo Sen Ghasoil, que fai un chamamento a todos os “ciclousuarios” de Galicia para participar no movemento. Ademais aqueles interesados que non dispoñan de bicicleta propia poderán acceder a unha enviando un correo electrónico a senghasoil@gmail.com. Tamén poden reservar unha bici e saber máis da actividade achegándose á mesa informativa que instalarán esta tarde nos soportais do Concello a partires das19.30 horas.  

Tania Martínez de Sen Ghasoil
O movemento Masa Crítica busca fomentar o uso da bicicleta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará