Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura xustifica o gasto no festival Lolapop por supoñer unha “boa promoción” para Redondela

RR_Noticias

O concelleiro Alberto Pazos explicou onte nun pleno extraordinario a decisión do Concello de subvencionar con 25.00 euros ó festival de música Lolapop. O edil afirmou que o evento, celebrado en Cesantes, foi un éxito e serviu para promocionar Redondela e a illa de San Simón a nivel estatal.

As explicacións non convenceron ós grupos da oposición, que incidiron na escasa afluencia de público ó concerto, con 1.000 asistentes, cando a previsión da produtora era dunhas 4.000 persoas. Con todo, Pazos Couñago xustificou o investimento por tratarse dunha oferta musical “de calidade” que serviu para dar a coñecer Redondela fóra de Galicia, xa que o festival tivo presenza en varios medios de comunicación a nivel estatal. Moi diferente foi a visión dos grupos da oposición. Desde a BNG a concelleira Cecilia Pérez Orge cualificou a subvención de “inxustificable”, ao tratarse dunha achega económica para unha empresa privada que ten como obxectivo “lucrarse”, e para un concerto no que os asistentes debían pagar unha entrada de 12 ou 16 euros. O concelleiro de AER, que pediu a dimisión do concelleiro, foi máis aló ao falar do gasto que o Lolapop supuxo para a Concello, que tivo que facilitar operarios, electricistas, ambulancia, etc. Segundo Jorge Varela estes gastos “non quedan claros” nas contas da concellaría. Tamén houbo críticas por parte do PSOE. O ex concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, cuestionou a achega económica para este concerto, cando o Concello de Pontecaldelas, onde se celebraba anteriormente o Lolapop, tan só se facía cargo das instalacións para o festival.  

Alberto Pazos PP
O concelleiro defende a subvención ó festival Lolapop.
Cecilia Pérez BNG
A edil nacionalista entende que a subvención é inxustificable.
Jorge Varela AER
As contas de Cultura non están claras para o edil de AER.
Eduardo Reguera PSOE
O ex concelleiro de Cultura compara a situación coa de Pontecaldelas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará