Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma de Afectados polas Preferentes de Redondela súmanse ás mobilizacións

RR_Noticias

Seguindo co programa de actividades de manifestacións e concentracións, coordinadas coas demais plataformas galegas, o colectivo redondelán súmase á protesta que se vai celebrar mañá xoves en Vigo e o sábado, día 22, en Santiago de Compostela. O próximo xoves, día 27, celebran unha asemblea na Casa da Cultura de Redondela.

O obxectivo da plataforma redondelá é acadar unha solución para todos os afectados por participacións preferentes e subordinadas, polo que fan un chamamento á cidadanía a sumarse ás mobilizacións. Mañá xoves a cita é en Vigo, cunha manifestación que sairá ás 10.00 horas desde a central de Novagalicia Banco ata a Oficina de Consumo da Xunta. O sábado fan tamén un chamamento para participar nunha mobilización que se vai celebrar en Santiago, con saída ás 11.30 desde a Alameda ata a Praza do Obradoiro. Para asistir a esta manifestación sairá un autobús ás 9.30 dende o pavillón de Chapela, con paradas na gasolineira de Redondela e en Arcade. Todos os que queiran asistir poden anotarse chamando aos teléfonos 667 469 756 e 986 453 487. A Plataforma lembra tamén que o vindeiro xoves 27 de setembro, ás 19.00, celebran unha nova asemblea na Casa da Cultura de Redondela, na que se dará conta das xestións feitas ata a data e das vindeiras manifestacións previstas pola coordinadora de plataformas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará