Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco pide o apoio dos aficionados para facer realidade o novo proxecto do club

RR_Noticias

No comezo de temporada da Preferente Sur os resultados están a ser moi bos para o equipo redondelán, malia sufrir baixas de xogadores importantes. A Xunta Xestora que dirixe o club aposta este ano pola canteira, e contan cun total de 19 equipos en todas as categorías. Agora fan un chamamento á cidadanía e piden a colaboración dos aficionados para que os apoien cada fin de semana en Santa Mariña.

O equipo redondelán comezou a liga con moitos cambios, nova directiva dirixida por unha Xunta Xestora, que preside Iván Crespo, e importantes baixas no equipo titular (Yeray, Aitor Gómez, Gorka, Fon, Yago e Álex). Comezaron con algunhas dúbidas, pero o equipo de Jacobo Montes, con varios xogadores do filial, está a demostrar que ten calidade de sobra para volver ser un referente da Preferente Sur. Crespo explica que o seu obxectivo é facer “o mellor papel posible na categoría”, e o prioritario é “sumar os 50 puntos que garanten a permanencia”. Con todo, e segundo vaian chegando os resultados, non renuncian “a obxectivos máis ambiciosos”. O próximo rival será complicado, o Areas, un dos grandes desta liga e que aspira ó ascenso, pero Crespo confía “tanto no traballo do adestrador como dos xogadores” para tentar sacar un resultado positivo. Para sacar adiante a tempada desde a Xunta Xestora piden o apoio dos veciños, non só da vila de Redondela senón tamén do resto das parroquias. Animan a que calquera aficionado que o desexe pase a formar parte do club, para colaborar no traballo administrativo, na organización dos equipos, como delegados, etc. O presidente lembra que se trata dunha gran institución, que esta temporada contan con 19 equipos de todas as categorías, o que supón máis de 300 rapaces adestrando co C.D. Choco, ademais dos que forman parte dos equipos sénior. Isto fai do club redondelán un dos máis grandes da provincia. Tamén fan un chamamento aos veciños a arroupar ós equipos das distintas categorías en Santa Mariña, para axudalos a sacar a diante o proxecto do club.  

Iván Crespo presidente
O Choco buscar garantir a permanencia pero non renuncia a outras metas co apoio da súa aficción.
Unha ampla canteira
Crespo salienta que esta temporada o Choco conta con 19 equipos.
Areas-Choco
O desprazamento do domingo será complicado pero confían no equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará