Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco comeza a liga cunha derrota en Atios

RR_Noticias

Non comezou ben a temporada para o equipo redondelán, que perdeu pola mínima diante do Atios nun encontro moi disputado. Un gol de Curiel no segundo tempo sentenciou o partido a favor dos locais, que acabaron cun home menos. Os de Jacobo Montes buscarán mellor sorte en Santa Mariña diante do Grove, un dos recentemente ascendidos.

Nos primeiros minutos do encontro os dous rivais tiveron ocasións de gol, pero foi o Choco o que dominou máis e mellor, pero as boas intervencións de Miguel, o porteiro local, impediron que os redondeláns se puxeran por diante. O partido foi ó descanso sen que se movera o marcador, e xa na segunda parte os de Montes perderon algo de pegada. Un penalti de Saúl sobre Miguel no minuto 61′ deixou ó Choco con dez xogadores. Curiel errou o lanzamento estrelando o balón contra o pau, pero sería este mesmo xogador o que uns minutos despois marcou de cabeza ao aproveitar o rexeite dunha boa xogada dos porriñeses. O Choco tentou a igualada ata o final pero faltoulle acerto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará