Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que o Concello privatiza servizos “pola porta de atrás”

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG levará ó próximo pleno unha moción na que acusan ó goberno local de privatizar servizos público, como a limpeza e o mantemento de xardíns. O Bloque pedirá ó resto da corporación que se pronuncie contra as privatizacións de servizos que se prestan con persoal municipal, e que o Concello manteña a xestión directa en todos os servizos que se prestan de xeito público.

O BNG denuncia que o goberno local iniciou o expediente para privatizar a limpeza da praza de abastos de Redondela, e que unha empresa privada realizou traballos de mantemento nos xardíns municipais na parroquia de Chapela. Os nacionalistas denuncian tamén que empresas privadas teñen feito outros servizos en Redondela, como parte da rúas despois do entroido de verán. A concelleira nacionalista, Cecilia Pérez Orge, salienta que os traballadores municipais teñen demostrado “a súa capacidade e eficacia nos labores que desenvolven” a diario co obxectivo de que o seu traballo “repercuta nunha mellora da calidade de vida dos veciños”. Por iso poñen de manifesto que con estas medidas o equipo de goberno “crea unha incerteza nos traballadores municipais” que neste momento teñen “serias dúbidas sobre o seu futuro laboral”. A moción, que presentarán no pleno do 6 de setembro, pedirán ó resto dos grupos que se pronuncien en contra da privatización de servizos que se prestan con persoal municipal e que o Concello manteña a xestión directa en todos os servizos que se prestan por este sistema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará