Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doar sangue, regalar vida

RR_Noticias

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia está hoxe en Redondela para recoller doazóns de sangue. Un feito voluntario e altruísta que axuda a salvar vidas ou a mellorar a saúde de aqueles que o precisan. O próximo día 29 de agosto desprázanse a Chapela. Desde este organismo lembran que nos meses de verán tamén son moi necesarias as doazóns, ao incrementarse as urxencias polos accidentes de tráfico. O pasado ano recolléronse en Redondela 1.200 doazóns.

Redondela cumpre coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde en canto ás taxas de doazón, con 40 por cada 1.000 habitantes. Con todo, está algo por baixo da media galega, que se sitúa en 42 doazóns por cada milleiro de habitantes. Desde o Centro de Transfusión de Galicia amósanse satisfeitos cos resultados neste municipio, aínda que tentan seguir aumentando a cifra de doazóns, sobre todo animando a aqueles que nunca doaron sangue para que o fagan. Ángeles Pazos, do departamento de comunicación, lembra que calquera persoa cunha saúde normal pode ser doador. Os requisitos son pesar máis de 50 quilos, ser maior de idade e non padecer enfermidades que se transmitan polo sangue. O persoal sanitario desprazado na unidade móbil resolverá calquera dúbida, e sempre fai unha entrevista e un chequeo aos doadores. A doazón non doe, non debilita e non é prexudicial para a saúde, e pola contra, é o único xeito de poder resolver graves problemas de saúde de aqueles que están enfermos, e mesmo salvar vidas. Tan só son precisos uns 15 minutos de tempo, aínda que a extracción dura entre 4 e 5 minutos. Os redondeláns teñen hoxe unha boa ocasión de participar nesta causa solidaria. A unidade móbil está instalada ao lado do Concello en horario de 10.00 a 14.30 horas pola mañá, e de 16.00 a 21.00 horas pola tarde. A próxima semana, o día 29, será a parroquia de Chapela a que reciba a visita do Centro de Transfusión, cunha unidade móbil na Alameda en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.  

Ángeles Pazos do CTG
As doazóns tamén son moi necesarias no verán.
Máis de mil doazóns en Redondela
Este municipio cumpre coas recomendacións da OMS
Animar a novos doadores
Calquera persoa cunha saúde normal pode ser doador.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará