Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pop-changa de Eigualdeixa na praza da Torre

RR_Noticias

Música, espectáculo e diversión están garantidos na noite do sábado en Redondela co concerto desta mítica banda. Temas clásicos do grupo como “La nevera” ou “Bébedo” darán paso tamén a algunhas novidades e sorpresas, como a actuación de Laura Pérez. A cita é ás 22.30 horas.

A programación de verán de Redondela achega a esta lendaria agrupación, cos seus fundadores Mingui, Jandro e Fon, ós que se sumaron na última etapa Tejo e Tatán. Nada nos anos 80, na época de esplendor da “movida”, xuntáronse de novo hai tres anos para volver ós escenarios. A súa música, como eles mesmos a definen de “pop-changa”, mistura elementos do rock, o pop, o blues e a “changa”, para facer concertos festivos e participativos. Tatán explica que os compoñentes deste grupo viven a música como unha “vía de escape” dos seus traballos habituais, e queren transmitirlle esa sensación de divertimento ó publico. Eigualdeixa mantén nos seus concerto as cancións que foron éxito nos seus inicios e ben coñecidas polo seu público, pero tamén presentarán novidades. Entre elas, unha colaboración cona cantante redondelá Laura Pérez. O espectáculo de mañá sábado contará tamén cos efectos especiais de Andrés Giráldez, e rematará cunha sesión de picadiscos de Miguel Borines.  

Tatán e Tejo de Eigualdeixa
Os compoñentes da banda fálannos do seu estilo musical.
Concerto con sorpresas
Haberá novos temas e a actuación de Laura Pérez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará