Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local traslada a Cotorrendondo unha lontra atopada por un pescador en Cesantes

RR_Noticias

O mamífero, da familia dos mustélidos, foi recollido onte con sorpresa na contorna do peirao de Cesantes. O animal, que presentaba un delicado estado de saúde, foi trasladado ó Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe. Axentes da Policía Local e da Nacional interviñeron tamén onte nun domicilio en Chapela, onde un veciño ameazaba con se tirar desde un cuarto piso.

As persoas que onte se atopan nos arredores do peirao de Cesantes foron testemuñas dunha insólita visita, a dunha lontra que foi recollida por un pescador. O animal, que vive na beira dos ríos, era frecuente en zonas do Alvedosa hai décadas, pero non na actualidade. Unha vez alertada a Policía Local do achado e en vista do mal estado de saúde do exemplar, foi trasladada ó Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Cotorredondo.
Ameaza de suicidio
Axentes da Policía Local e da Nacional tiveron que intervir onte nun domicilio da Avenida de Vigo, en Chapela, onde un veciño ameaza con tirarse desde un cuarto piso. Minutos antes das 8 da tarde o 112 deu o aviso, e as patrullas achegáronse ó lugar, para comprobar que un home estaba na parte exterior da fiestra da vivenda. Os axentes convencérono para que entrase na casa, e unha vez alí foi atendido por persoal sanitario, que despois o trasladou a un centro hospitalario vigués.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará