Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Garda Civil busca a un condutor que fuxiu tras atropelar a un veciño de Cesantes

RR_Noticias

O atropelo mortal produciuse na N-555, en Outeiro das Penas. O falecido, de 86 anos, era veciño da zona, e cruzaba a estrada cando foi embestido por un camión que se deu á fuga. Os veciños alertaron aos servizos de emerxencias pero non puideron identificar a matrícula.

A vítima, identificada como Luis Hortas Barciela, cruzaba a estrada para visitar a unha irmá, veciña tamén da zona. A Garda Civil de tráfico abriu xa unha investigación para intentar identificar ao responsable do accidente. Segundo as testemuñas o vehículo implicado podería ser orixinario de Portugal. Até o lugar desprazáronse dúas ambulancias do 061 e médicos e efectivos sanitarios tentaron sen éxito reanimar ao ancián durante máis de media hora. Finalmente, o seu corpo sen vida foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña de Vigo onde hoxe se lle practicará a autopsia. Policía Local de Redondela e efectivos do Grumir acudiron ao lugar dos feitos, xa que o sinistro obrigou a cortar o tráfico en sentido Vigo. O accidente tivo lugar nunha zona moi transitada, no coñecido como o antigo alto de Os Tras. O semáforo que permite o paso de peóns atópase a varios metros de distancia, e os propios veciños recoñecen que, como obriga a dar un rodeo, moitas veces non o utilizan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará