Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Ludoescola abre as súas portas en agosto para os nenos de 3 a 12 anos

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha un ano máis este servizo no centro de ocio infantil Indiana Bill. O horario é de 10.00 a 13.30 horas, e permite conciliar a vida familiar e laboral, ao tempo que os máis pequenos poden gozar de actividades lúdicas e tamén formativas.

Dende hoxe e ata o 31 de agosto está aberta a Ludoescola, un servizo totalmente gratuíto para os clientes dos establecementos da Asociación de Empresarios de Redondela. Os usuarios do comercio e hostalaría redondelá poderán solicitar as tarxetas de entrada ao facer as súas compras e entregalas no parque infantil Indiana Bill. Julia Alonso, da Asociación de Empresarios explica que cada entrada “ten validez para un so día” pero que pode empregarse na xornada que o cliente desexe. Este servizo non so achega solucións á clientela dos establecementos da localidade, senón que tamén contribúe a conciliación da vida familiar e laboral dos propios comerciantes e dos seus empregados. Neste caso as entradas á Ludoescola serán válidas para todo o mes, e deberán ser recollidas polo titular do establecemento na Asociación de Empresarios. Alonso explica que o éxito acadado por esta actividade nos últimos anos, cunha media de asistencia de 40 rapaces ó día, levou ó colectivo empresarial a repetila unha vez máis, “facendo un esforzo económico importante” nestes momentos de crise para o pequeno comercio. Para este programa de dinamización contan co apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.  

Éxito de participación
A boa acollida desta actividade levou a asociación a repetila facendo un esforzo pese á crise do sector.
Julia Alonso Asociación de Empresarios
Todos os clientes do comercio local poden solicitar as tarxetas de entrada de xeito gratuito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará