Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prohibe as fumigacións con flufenoxurón

RR_Noticias

AER, BNG e PSOE amosan o seu rexeitamento á utilización dun insecticida considerado “altamente perigoso” para o ecosistema e que está a ser empregado para controlar as pragas de gorgollo no eucalipto por parte da organización de papeleira (ASPAPEL) co consentimento da Consellería de Medio Rural. O PP nega que dende a Xunta se estean a realizar fumigación con esta substancia xa que “as pragas estanse a atacar con métodos ecolóxicos”.

O pleno debateu este asunto logo de que a Agrupación de Electores denunciara que dende comezos do mes de abril algúns propietarios de montes particulares e Comunidades de Montes Veciñais en Man Común “veñen recibindo comunicacións, nalgúns casos procedente da Consellería de Medio Rural, instando a autorizar a fumigación aérea dos seus montes de eucalipto co produto Cascade, cuxo principal ingrediente é o flufenoxurón. Nesas comunicación “infórmase de que as fumigacións son gratuítas, pola conta de ASPAPEL (organización das papeleiras), que van avaladas pola Xunta de Galiza e que o Cascade é inofensivo para as persoas e animais, con pouco perigo para as abellas e insectos voadores”, algo que contradía a normativa europea vixente. Por este motivo, e considerando que “a toxicidade do flufenoxurón non afectará só ao gorgollo, senón tamén aos insectos polinizadores como as abellas coas consecuencias que isto carrearía para a agricultura e o propio parasito empregado para o control biolóxico do gorgollo (Anaphes nitens) acordouse soliciar á Xunta que non se autoricen esas fumigacións. Unha proposta que non contou co apoio do PP porque segundo dixo o voceiro Alberto Pazos, “a Xunta non está a realizar ningunha fumigación con esta substancia xa que as pragas estanse a atacar con métodos ecolóxicos”.  

Jorge Varela CHopi AER
O edil explica o motivo da moción
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas amosan tamén a súa preocupación polos efectos desta subsancia
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas critican que dende a Xunta minimicen as posibles repercusións
Alberto Pazos PP
o edil popular afirma que a Xunta non está a empregar este produto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará