Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta por suprimir as deputacións e manter o número de edís na administración local

RR_Noticias

As medidas propostas polo goberno de Mariano Rajoy encamiñadas a reformar a lei de réxime local e que suporía reducir nun 30% o número de edís da administración local co argumento de diminuír os custes dos concellos, contou co rotundo rexeitamento da oposición de Redondela, que critican unha medida que ao seu entender supón “reducir o pluralismo político” ademais de non supor ningún aforro.

A proposta foi debatida no último pleno municipal e chegou da man do Bloque, quen a través dunha moción solicitaba o apoio do resto dos grupos para que se posicionaran en contra das medidas económicas do goberno así como da reforma do réxime local por entender que “non solucionan a falla de financiamento que sofren os concellos galegos”. Tamén reclamaban o apoio do Concello para lle demandar ao goberno central a supresión das deputacións e que as súas funcións pasen as administracións locais. A formación nacionalista critica as medidas económicas e a reforma do réxime local aprobadas polo goberno do PP e que supón “limitar a autonomía dos concellos á hora de xestionar os seus servizos para potenciar o papel das deputacións provinciais”. O obxectivo desta reforma é segundo o BNG “reforzar unha estrutura institucional caduca e sen utilidade, como son as deputacións provinciais, pois as súas funcións, de querer abordar unha reforma do mapa local con racionalidade, poderían ser asumidas polos concellos e pola Xunta de Galicia”. Unha opinión que comparten na Agrupación de Electores. O seu edil, Jorge Varela aseguraba que medidas como a proposta polo PP están encamiñada a “penalizar ás minorías”. Os socialistas apuntaban ademais que é inaceptable que estas modificacións que poden ten unha importante repercusión nos concellos galegos, se presenten en función dun suposto aforro económico e sen meditar con tranquilidade como se traduciría a súa aplicación a nivel practico. A moción do BNG non contou co apoio do PP. O seu edil asegurou que a medida proposta dende o goberno central non supón unha redución do pluralismo político. Malia esa falta de apoio do grupo de goberno si saíu adiante ao facer valar a oposición a maioría coa que contan na corporación.  

Cecilia Pérez BNG
Acusan ao PP de recentralizar o poder e eliminar o pluralismo político
Jorge Varela Chopi AER
Entenden que as medidas van encamiñadas a afondar no bipartidismo
Luis Orge PSOE
Os socialistas cren que o goberno do PP non valorou as repercusións que a redución de edís tería a nivel practico
Alberto Pazos PP
Os populares reixataban as críticas da oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará