Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os políticos cobrarán un 7’1% menos

RR_Noticias

Malia as reticencias dos grupos da oposición, que amosaron a súa disconformidade cunha medida que segundo o grupo de goberno era de xustiza “para se solidarizar coa rebaixa que os funcionarios van ter que asumir coa eliminación da paga extra de nadal” a proposta saíu adiante cunha ampla maioría xa que a secundaron PP, PSOE e AER, mentres que os edís do Bloque optaron pola abstención na votación.

Un longuísimo pleno o vivido onte en Redondela e no que deixaron de debaterse un total de seis mocións, logo de que o alcalde levantase a sesión ás doce da medianoite. Un dos puntos que si se aprobaron foi a proposta da alcaldía encamiñada a rebaixar nun 7’14% as retribucións que reciben alcalde, concelleiros do grupo de goberno, persoal de confianza e membros da oposición. Unha rebaixa que contempla tamén unha redución nun 20% do que perciben os grupos políticos. Unha proposta que defencdía o voceiro do PP, Alberto Pazos, argumentando que a rebaixa pretendía ser un xesto aos traballadroes públicos e unha mensaxe de que todos imos no mesmo barco. Unha proposta que era emendada dende a banda socialistas. Así, Luís Orge solicitáballe ao alcalde que a o “seu xesto solidario fora máis aló” e que se rebaixase o salario nun 20% “xa que non é o mesmo un recorte dun 7% a un mileurista que a alguén que cobra máis de catro mil euros brutos ao mes”. Tamén o voceiro da Agrupación de electores, Jorge Varela, criticaba a proposta “por non terse feito con anterioridade” e aproveitaba para criticar as políticas dos populares “que recortan aos traballadores públicos pero non perseguen aos defraudadores ou gravan os artigos de luxo”. Malia as críticas estes grupos da oposición si apoiaron o recorte proposto polo goberno local. non así o BNG quen decidiu absterse argumentando que “votar a favor da medida sería lexitimar os recortes aos traballadores públicos” e acusaban ao alcalde de “falsa solidariedade” por levar esta proposta a pleno. Insistía ademais a voceira nacionalista Cecilia Pérez Orge, que “Rajoy podería ter escollido entre a rebaixa dos salarios ou recorrer a unha modificación fiscal que gravase aos que máis teñen” A rebaixa finalmente foi aprobada nos termos presentados polo goberno e saíu adiante co apoio maioritario da corporación.  

Alberto Pazos PP
os populares defenderon a reducción de salarios por se r un acto solildario cos funcionarios
Luis Orge PSOE
Os socialistas emendaron a proposta pedindo unha redución do 20% no salario do alcalde
Cecilia Pérez BNG
A voceira do loque argumentaba a sáu abstención para non lexitimar os recortes do PP
Jorge Varela Chopi AER
A agrupación de lectores criticaba as políticas do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará