Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello pagará os 37.000 euros que o auditorio José Figueroa lle adebeda a Fenosa

RR_Noticias

O obxectivo do goberno local é abonar estas facturas correspondentes aos consumos do Auditorio dos últimos nove anos e reclamar logo eses cartos á Xunta, xa que é o goberno galego quen ostenta a titularidade do inmoble. A oposición alerta de que non existe garantía algunha de que arcas municipais vaian recuperar eses cartos. O pleno aproba un incremento do 2% nas tarifas da piscina

Os populares aprobaron en solitario abonar á empresa Fenosa as facturas do subministro eléctrico que o Auditorio José Figueroa lles adebeda dende hai nove anos e que ascenden a 36.942 euros. Unhas facturas que se foron acumulando dende o 2003 ante a negativa do anterior goberno local a asumir un gasto que entendía debía abonar a Xunta tendo en conta que o inmoble non é de titularidade municipal. O novo goberno asume que a única alternativa para solucionar esta situación pasa por abonar eses cartos e logo reclamarllos a administración autonómica para, a continuación, modificar o contrato con Fenosa e que sexa a Xunta que asuma as facturas eléctricas. Así llo explicaba o alcalde, Javier Bas ao concelleiro de AER, Jorge Varela, logo de que o edil da Agrupación de Electores se negase a votar a favor da proposta “se non existe un compromiso por escrito por parte do goberno galego”. Tamén os nacionalistas votaban en contra da medida por “non haber garantía algunha de que a Xunta vaia devolver eses cartos”. En sentido semellante se manifestaban tamén dende o PSOE, quen lembraban que a decisión do anterior goberno de non pagar esas facturas respondía ao seu convencemento de que non tiña que ser a administración local quen asumise ese cargo. A abstención do PSOE fixo posible que a proposta saíra adiante malia os votos negativos de BNG e AER. Taxas da piscina Tamén no pleno de onte se aprobou a modificación das taxas da piscina, cuxa empresa concesionaria poderá aplicar un incremento nos seus prezos dun 2% correspondente á actualización do IPC.  Dende a oposición aproveitaban as súas intervencións para poñer de manifesto os supostos incumprimentos da empresa concesionaria e abrían a porta a un posible debate en torno á xestión da piscina de Redondela.  

Jorge Varela Chopi AER
O edil négase a apoiar a proposta por non exisir un compromiso da xunta
Cecilia Pérez BNG
A nacionalista criticaba que se asumise un gasto sen garantías de cobro
Luis Orge PSOE
O edil explicaba os motivos de que a anterior corporación non fixera o pago
Alberto Pazos PP
os populares non entenden porque non se resolveu a situación en nove anos
Ana María Alonso PP
A concelleira de economía explica o motivo do incremento nas taxas da piscina nun 2%
Oposición
os grupos da oposición abrne a porta a un debate en torno aos cumprimentos da concesionaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará