Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

David Blanco, veicño de Cesantes de tan só 16 anos, logra a vitoria na Batalla de Rande a nado

RR_Noticias

O novísimo nadador redondelán David Blanco logrou vencer con tan só 16 anos a travesía Batalla de Rande a nado celebrada o sabádo en augas da ría de Vigo. Logrou superar os 27 quilómetros que separan as Illas Cíes de San Simón logo de nadar durante 5 horas e 41 minutos.

Unha proba que os propios organizadores, a empresa Mareventum, cualificaban como a “proba máis dura de Europa” non só polo longo traxecto a superar polos nadadores participantes, senón sobre todo polas baixas temperaturas da ría de Vigo, cinco graos por baixo dos valores que os nadadores teñen que afrontar en probas semellantes disputada en augas do Mediterráneo.
Iso si, o tempo foi benévolo, e a proba disputada o sábado puido desenvolverse cunha condicións meteorolóxicas envexables o que fixo que os 25 participantes puideran superar o percorrido mellorando as espectativas en practicamente unha hora.
E contra todo prognóstico nunha travesía onde a media de idade se situaba nos 35 anos, foi o participantes máis novo, o mozo de Cesantes David Blanco o que lograba a vitoria cun cronómetro de 5:41:01. Os ourensáns Marcos Vial (5:53:58) e  Alberto Taboada (5:54:01) completaron o podio.
Houbo tamén participación feminina sendo a primeira muller en chegar a San Simón a barcelonesa Minerva Pujol, no posto 7 da clasificación xeral cun tempo de 6:06:36.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará