Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello contratará a 11 socorristas para Cesantes e Arealonga

RR_Noticias

A administración local confirma a contratación de once persoas desempregadas, oito socorristas e 3 patróns de embarcación para as praias de Redondela logo de ter recibido unha subvención da Consellería de traballo e benestar que ascende a 30.000 euros. Hoxe reuniranse os partidos políticos para consensuar as bases da contratación.

A achega de case 30.000 euros procedente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia permitirá contratará durante os meses de verán un total de once operarios para traballar nas praias de Redondela. En concreto contratarase a 8 persoas para desenvolver traballos de socorrista e 3 patróns de embarcación, que serán os encargados de velar pola seguridades dos bañistas tanto na praia de Arealonga en Chapela como no areal de Cesantes.
Aínda están por definirse as condicións da contratación, motivo polo que as dúas do mediodía reuniranse os partidos políticos para definir estas bases que se farán públicas durante a vindeira semana e que obrigan a atrasar o servicio aló menos durante dez días.
Dende a alcaldía faise fincapé “no esforzo e negociacións desenvolvidas dende o Concello coas diferentes administracións co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos veciños e mellorar os servizos públicos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará