Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o menor de 15 anos polo crime de O Viso

RR_Noticias

A Policía Nacional da prácticamente por concluidas as pescudas en torno ao tráxico suceso que o pasado mércores provocaba a morte por acoitelamento de Carmen Sánchez Tierra, logo de que onte se entregase na Comisaría de Redondela un menor que se declaraba autor do suceso. Os investigadores consideran que o rapaz, de tan só 15 anos de idade e veciño de Cesantes, é o único autor do acontecido.

O menor apareceu de forma voluntaria nas dependencias policiais acompañado de varios familiares. Logo de prestar declaración foi trasladado a Vigo e a media tarde á Fiscalía de Menores de Pontevedra. As investigacións danse practicamente por concluídas logo de comprobar que coinciden as declaracións do mozo co relatado polo marido da falecida, quen resultou tamén ferido no asalto. Unha feridas físicas das que se recupera, aínda que moito máis difícil será afrontar todo o acontecido motivo polo que dende o departamento de Seguridade do Concello, o seu responsable Arturo González, pide moita prudencia e apoio para os familiares da falecida neste momentos difíciles. A vítima mortal será trasladada ás seis da tarde de hoxe dende o tanatorio de Tanamañó ao cemiterio de Cesantes onde recibirá sepultura. Os funerais serán unha hora máis tarde na Igrexa de Redondela. A estas alturas queda por determinar o móbil do acontecido, aínda que os achegados á familia do menor falan dos problemas psiquiátricos do autor confeso do crime. Arturo González insiste en que malia a lóxica preocupación que este tipo de sucesos poida provocar na cidadanía “o noso concello é un dos máis seguros de toda Galicia”.  

Arturo González edil de seguridade
Pide prudencia e moito apoio para a familia da falecida
Un feito preocupante
Ante a posible preocupación que este feito poida ter na cidadanía o edil traslada a sáu confianda na seguridade existente na vila

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará