Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O centro de Redondela a escuras por mor dunha avaría

RR_Noticias

Durante máis dunha horas vivendas particulares, negocios, comercios e locais de hostalaría permaneceron completamente a escuras logo de que se producira un apagón no centro da vila. Fenosa-Gas Natural non da explicacións alegando unha incidencia no seu servicio informático.

Víronse afectados pola incidencia domicilios da Praza de Figueroa, Praza da Constitución, a rúa Reveriano Soutullo así como unha das marxes da rúa Alfonso XII. A avaría deixaba estas rúas completamente a escuras durante máis dunha hora e resolvíase pasadas as 13:30, aínda que xa durante toda a mañá varios locais sufriron problemas co subministro.
Unión Fenosa-Gas natural, empresa subministradora da electricidade, non achegou máis datos sobre o acontecido argumentado que unha incidencia no seu propio servicio informáticos lles impedía ter acceso aos datos sobre as rúas afectadas e a causa do corte no subministro eléctrico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará