Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe 62.200 euros para a mellora das infraestruturas rurais

RR_Noticias

A achega, procedente da Consellería de Medio Rural e Montes ten como obxectivo que os concellos beneficiarios invistan en obras e proxectos “orientados a dignificar a mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia”.

En toda a comarca os convenios asinados entre os alcaldes e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomas Fernández-Couto permitirá investir 202.000 euros, dos cales 49.000 se destinan ao concello de Fornelos de Montes, 55.700 a Pazos de Borbén e 35.200 a Soutomaior.
O Proxecto Extratéxico de Infraestruturas no Medio Rural que promove estes investimentos é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará