Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “Verán con Simona” para os pequenos da casa

RR_Noticias

Cinco parroquias acollen durante o mes de xullo un programa de actividades orientado a nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos que se desenvolverá en horario de 9:30 a 13:30. Para participar é preciso inscribirse antes do mércores día 27 no rexistro do concello. A ficha de solicitude pode descargarse da páxina web do Concello ou no CIM de Redondela ou Chapela.

A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, que dirixe Teresa París, ten aberto o prazo para se inscribir no programa Verán con Simona co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións estivais, ao tempo que ofrecer a posibilidade de que nenas e nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste periodo. Esta actividade, dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de xullo en cinco parroquias en horario de 9:30 a 13:30, contando a actividade cun total de 180 prazas. Os lugares da actividade serán o Centro Cultural de Cedeira, a Asociación cultural Santa María do Viso, o centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, o Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e o pazo de Pousadouro en Redondela. Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude antes do 27 de xuño no Rexistro do Concello de Redondela, acompañada de volante de empadroamento. Por outra banda dende a Concellería piden a colaboración de persoas voluntarias que estean interesadas en apoiar de xeito altruísta o desenvolvemento desta actividade, para o que deben contactar co CIM persoal telemática ou telefonicamente nos números 986 40 80 43 e 986 45 89 93.  

Teresa París edil de Servizos Sociais
Actividades variadas en catro horas diarias de campamento
Cinco parroquias
As actividades desenvolveranse en cinco lugares diferentes
Voluntariado
As persoas que queiran colaborar poderán facelo apoiando aos monitores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará