Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con Escola Oficial de idiomas a partir do vindeiro curso

RR_Noticias

A Consellería de Cultura e Educación ven de conceder ao IES Pedro Floriani unha sección da escola oficial de idiomas o que permitirá aos veciños da vila cursar estudos de inglés sen necesidade de trasladarse a escola existente en Vigo. En total son sete grupos nos que se impartirán clases correspondentes a 1º de nivel básico e 1º de nivel intermedio. O prazo de inscrición ábrese este mércores 27 de xuño.

O vindeiro curso o IES Pedro Floriani contará cunha sección dependente da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, á que está adscrita, na que se impartirán ensinanzas de inglés. A oferta inicial prevista inclúe tres grupos de 1º de nivel básico e catro de 1º de nivel intermedio. Deste xeito a administración autonómica responde as demandas que tiña o concello de Redondela.
As persoas interesadas en matricularse nestes cursos terán que realizar unha preinscrición en Internet entre o 27 de xuño e o 12 de xullo (Básico 1) ou o 27 de xuño e o 12 de setembro (Intermedio 1). Poderán atopar toda a información sobre a preinscrición e matrícula na páxina web da EOI de Vigo, http://www.eoidevigo.org
A EOI viguesa ofertou este curso prazas en 328 grupos de ensinanzas regradas, nos idiomas inglés, francés, alemán, italiano, español, galego, portugués, chinés e xaponés; prazas repartidas entre a sede principal, na cidade olívica, e as seccións de Coia, Tui, Cangas, Ponteareas e Nigrán. En total se ofertaron 57 grupos máis que no curso 2008-2009 o que supuxo un incremento do 21% respecto dese ano. Cifra que se verá incrementada cos sete novos grupos que se engadiran o curso  que ven en Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará