Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

E a nós quen nos rescata?

RR_Noticias

O goberno pedirá á UE un rescate para a banca española de entre 51.000 e 62.000 millóns de euros, segundo as valoracións das auditorías. Nas próximas semanas negociaranse as condicións dese préstamo, que deberá cumprir o executivo español. Pero como vai afectar á cidadanía ese rescate á banca? Pois moitos veciños redondeláns entenden que será unha vez máis a clase traballadora “a máis prexudicada”, con novos recortes e subas de impostos.

Os mercados, a prima de risco e a bolsa soben e baixan en función das noticias que chegan desde Bruxelas sobre o rescate á banca española. Confirmado xa que será o próximo luns cando se coñezan máis detalles deste préstamo a través do goberno, o que resta por coñecer é como vai influír na vida diaria dos cidadáns. O que está claro é que esta “inxección de capital” obrigará ó goberno español a cumprir cos requisitos que impoña a UE. E o cidadán de a pé entende que iso se vai traducir en máis cargas para a clase traballadora. É o caso de moitos veciños de Redondela, como Boqui, que entende que este rescate se vai traducir en “máis impostos e máis paro”. Son moitos os que entenden que a grave situación económica foi provocada polas “malas prácticas” da banca e a especulación, e lamentan que agora teñan que pagalo “as clases máis febles”. A hora de buscar culpables son os bancos e os gobernos (o anterior e o actual) os que saen peor parados. Con todo, hai quen matiza que son especialmente as Caixas de Aforro as que peor se xestionaron. Rubén culpa da situación á falta de control sobre as caixas e os seus investimentos en inmobles sobrevalorados. Algúns, como Manuel, entenden que o problema foi que tanto os bancos como o goberno animaron á sociedade “a vivir por riba das súas posibilidades”. En canto ás necesidades do rescate hai defensores e detractores. Algúns, como Joaquín, entende que é imprescindible facelo, xa que deixar quebrar ás entidades suporía “unha gran alarma social”. Bernardo, pola contra, opina que igual que calquera outra empresa que vai mal, se non é solvente “deberían deixar que se funda”, e logo “esixir responsabilidades” ós xestores. A maioría dos veciños amósanse pesimistas sobre o futuro, outros confían en que a situación mellorará, e que “doutras peores saímos”. No que si coinciden todos, é en que mentres non se cree emprego non se recuperará a economía.  

"O rescate o pagará a clase traballadora".
Boqui entende que o rescate á banca vai supoñer máis impostos e máis paro.
"Vivimos por riba das posibilidades"
Manuel lamenta que o Goberno e os bancos animaron á cidadanía a endebedarse.
"O rescate é necesario para evitar alarmas".
Joaquín entende que non se poden deixar quebrar os bancos.
"Se o banco non é viable que peche"
Para Bernardo os bancos deberían ter o mesmo trato que o resto de empresas e pechar cando non son viables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará