Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aitor Gómez e Yerai xogarán no Coruxo F.C.

RR_Noticias

Logo dunha espléndida temporada no C.D.Choco, os dous futbolistas veñen de fichar polo equipo vigués, que buscaba reforzos no ataque. Con 19 e 16 goles na pasada campaña, respectivamente, os dous xogadores eran pretendidos por varios equipos de categoría superior. Finalmente xogarán no Coruxo F.C., na Segunda B.

O C.D. Choco non conseguiu o seu ansiado ascenso a Terceira, pero algúns dos seus xogadores si que militarán a próxima temporada en ligas moi superiores. Logo da espléndida campaña do equipo redondelán foron moitos os equipos de categorías superiores os que se fixaron en xogadores do conxunto redondelán. É o caso de Aitor Gómez e Yerai Couñago, que veñen de ser fichados polo Coruxo F.C., de Segunda B. Ambos realizaron unha magnífica tempada baixo a tutela de Jacobo Montes, e a dirección técnica do club vigués seguíaos desde hai tempo. Aitor Gómez é un dianteiro de 26 anos que chegou ao Choco procedente do Alondras. Finalizou a campaña con 19 goles, cinco menos que máximo anotador do grupo da Preferente Sur, Adrián Camiño (Arousa). Yerai Couñago ten vinte anos e xoga de medio centro, cun claro perfil ofensivo. Acabou oitavo na clasificación de goleadores, con 16 tantos. Ás pretensións de equipos máis fortes sumouse tamén a delicada situación económica que atravesa o club redondelán. A próxima semana farase efectiva a dimisión da actual directiva, presidida por Cándido Mirou, e unha Xunta Xestora encabezada por Iván Crespo tomará as rendas do club.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará