Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha nova etapa de traballo e ilusión para o Choco

RR_Noticias

Un grupo de socios, encabezados por Iván Crespo, formarán a nova Xunta Xestora do C.D. Choco, logo de que o presidente, Cándido Mirou, presentase a súa dimisión. O desenlace era previsible logo das tensións cos socios e a presión dos propios xogadores, que anunciaron que abandonarían o club. Teñen por diante unha complicada tarefa, xa que o C.D. Choco arrastra unha débeda de 40.000 euros. Crespo agarda contar “co apoio de todos” para este novo proxecto, que pasa por acadar a fusión coa Escola de Fútbol Base.

Logo de varios anos arrastrando débedas e tensións coa masa social, ábrese unha nova etapa para o C.D Choco. Unha Xunta Xestora, dirixida por Iván Crespo, farase cargo do equipo logo da dimisión do presidente, Cándido Mirou, e a súa directiva. O adeus dos que foron os dirixentes da entidade nos últimos anos veu forzado pola presión dos xogadores, que ameazaron con deixar o equipo. A dimisión farase oficial nunha asemblea o día 26 de xuño. O novo equipo xestor ten por diante unha complicada tarefa, sanear un club que debe uns 40.000 euros. Crespo di estar disposto a asumir o reto “coa axuda de todos”, e agarda que co traballo da nova Xunta Xestora, os socios, o equipo técnico e os xogadores poidan sacar a entidade adiante. Entre os seus obxectivos está recuperar a masa social, xa que o club perdeu á metade dos seus socios nos últimos tempos, xa que pasaron de 400 a tan só uns 200 abonados. Outra das prioridades de Crespo é a fusión coa Escola de Fútbol Base, para unificar a canteira do fútbol redondelán e sumar esforzos. Entende a nova xestora que así contarán con “máis recursos, maior respaldo social e unha mellor base para os equipos das categorías superiores”. Unha decisión que está avalada pola Concellería de Deportes de Redondela, que leva meses traballando na posibilidade de que as dúas entidades se unan para facer un club “máis forte e con máis recursos”. Para facer posible a fusión, a directiva da Escola de Fútbol Base anunciou que tamén presentarán a súa dimisión nunha asemblea o próximo día 25, onde se proporá ós socios a fusión.  

Iván Crespo presidente da nova Xestora
Os novos dirixentes do club tentarán sacalo adiante co apoio dos socios xogadores e corpo técnico.
Fusión coa Escola
Crespo agarda consolidar a fusión para facer un club máis forte.
Proxecto ilusionante
Crespo pide o apoio de todos os sectores do fútbol redondelán para garantir o futuro do Choco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará