Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licitará este ano a nova lonxa de Cesantes cun investimento de 630.000 euros

RR_Noticias

O edificio terá 680 metros cadrados, e contará con zona de poxas, ventas, oficinas, vestiarios, almacéns, cámaras frigoríficas e outros servizos. A construción, en dúas plantas, permitirá ós visitantes situarse na parte superior e ver como se realizan as poxas e outros traballos típicos da lonxa. O Patrón Maior, Clemente Bastos, manifestou o seu desexo de que os prazos “se cumpran”, e instou á Consellería a poñer en marcha a segunda fase do proxecto, coa construción dun novo varadoiro e o pantalán sobre pilotes.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá Redondela para presentar o proxecto da futura lonxa de Cesantes, que se comprometeu a licitar “antes de rematar este ano”. A obra, que contará cun orzamento de 630.000 euros, terá un prazo de execución duns nove meses, polo que podería ser unha realidade en setembro de 2013. Na presentación do proxecto arquitectónico estiveron presentes tanto o alcalde, Javier Bas, como outros membros da Corporación local e os responsables da Confraría. O Patrón Maior, Clemente Bastos, lamentou que esta obra, “vital” para o sector, se teña demorado tantos anos, e instou á Conselleira a poñer xa en marcha a segunda fase do proxecto, coa construción dun novo varadoiro e o pantalán sobre pilotes. Quintana confirmou que a Xunta ten elaborado un proxecto integral para o porto de Cesantes, pero polo de agora a Consellería pon en marcha a construción da lonxa, por ser o elemento “máis urxente” de todo o complexo. O novo edificio terá 680 metros cadrados, e contará con zona de poxas, ventas, oficinas, vestiarios, almacéns, cámaras frigoríficas e outros servizos. A construción, en dúas plantas, permitirá ós visitantes situarse na parte superior e ver como se realizan as poxas e outros traballos típicos da lonxa. Na presentación do proxecto arquitectónico estiveron presentes tanto o alcalde, Javier Bas, como outros membros da Corporación local e membros da Confraría.  

Clemente Bastos Patrón Maior
Na Confraría agardan que a Xunta poña en marcha o proxecto integral para o Porto de Cesantes.
Rosa Quintana Conselleira do Mar
A Xunta prioriza a lonxa por ser o investimento máis urxente para o sector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará