Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vaga de roubos sementa a preocupación entre os usuarios do peirao de Arcade

RR_Noticias

Nas últimas semanas producíronse roubos de embarcacións deportivas, combustible e 165 nasas valoradas en 9.000 euros. Os naseiros de Arcade demandan a Portos de Galicia que incremente as medidas de seguridade de cara a evitar a acción dos vándalos. O BNG de Soutomaior solicitou a convocatoria da Xunta de portavoces para estudar a posible intervención do Concello ante estes incidentes.  

A Asociación de naseiros, que preside Antonio Álvarez, ven demandando dende hai semanas unha reunión con Portos de Galicia para tentar buscar solucións a un problema que se está a agravar nas últimas semanas: o roubo de material diverso do peirao de Arcade. Uns actos de vandalismo que lle custaron só en nasas 9.000 euros, prezo estimado da 165 redes que os ladróns se levaron nas últimas semanas. A isto hai que engadir a subtracción de combustible e incluso o roubo dunha embarcación deportiva. Ao entender dos naseiros a solución pasa por incrementar as medidas de seguridade no peirao co arranxo das barreiras de acceso ao propio pantalán, que levan máis de 8 meses estragadas, a mellora nos peches e a dotación de cámaras de vixilancia, medida que entende debería de asumir Portos de Galicia e que non suporía un desembolso económico importante para este organismo. A día de hoxe os propio naseiros son os que están a desenvolver as labores de vixilancia, pagando a unha persoa que fai este traballo nas fin de semana e facendo quendas nos días laborais para manter ao vándalos lonxe do peirao. Critican a falta de interese do goberno municipal neste asunto, xa que malia tratarse do único sector que mantén a taxa de empregabilidade no municipio ningún responsable do goberno ten apoiado as súas demandas. Neste sentido, o BNG solicitaba días atrás unha xuntanza urxente da Xunta de portavoces para abordar os incidentes que están a acontecer no peirao e buscar unha solución aos mesmos.  

Antonio Alvarez Asociación de naseiros
Os roubos afectan aos naseiros a confraría e tamén aos propietarios de embarcacións deportivas
Medidas de prevención
Solicitan que se incremente a seguridade no peirao
Críticas ao Concello
Critican a falta de preocupación amosada polo goberno local ante os problemas do sector

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará