Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chan das Pipas celebra o mes da fotografía

RR_Noticias

O Centro Cultural de Saxamonde acolle a partir deste venres un curso de iniciación á fotografía dixital que se prolongará durante tres venres consecutivos. A directiva do Centro convoca ademais un concurso fotográfico que xirará en torno aos furanchos da parroquia. Toda a información pódese atopar no facebook “Chan das Pipas Saxamonde” ou nos teléfonos 672 014 402 ou 628 150 003.

Este mesmo venres día 15 comezará o curso de iniciación a fotografía dixital que se prolongará durante tres venres consecutivos impartido polo fotógrafo Rafa Estévez. O obxectivo do curso é achegar aos usuarios de cámaras dixitais no ámbito doméstico os coñecementos necesarios para sacarlles o máximo froito posible. O curso celebrarase os venres 15, 22 e 29 de xuño de 19:00 a 21.00 no Centro Cultural de Saxamonde e no temario inclúese a exploración dos diferentes modos das cámaras, composición de retratos, fotografía en exteriores e interiores así como as claves da fotoreportaxe O prezo da actividade é de 8 euros para socios do Centro Cultural e de 12 para non socios. As persoas interesadas poden dirixirse aos teléfonos 672 014 402 ou 628 150 003.
Concurso fotográfico
O mes da fotografía completarase coa celebración do I Concurso de Fotografía de Saxamonde cuxa temática xira en torno aos furanchos. Calquera persoa interesada poderá presentar ata 5 fotografías inéditas antes do 10 de xullo sempre que estean relacionados cos furanchos situados na parroquia. Cunha selección das mellores fotografías realizarase unha exposición durante a V Festa do Viño da Casa a celebrar na parroquia nos días 21 e 22 de xullo.
Haberá dous premios, un designado por un xurado e outro elixido polo público na V Festa do Viño da Casa. O primeiro premio é cortesía da tenda de Fotografía Cal-3 e consiste nunha cámara dixital mergullable. O premio do público será un vale de 50€ a gastar na tenda de fotografía Cal-3. Tanto un como outro premio serán outorgados o domingo 22 de xullo no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde.
Quen queira máis información, pode consultar as bases na páxina www.facebook.es/chandas pipas
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará