Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma pola Sanidade Pública de Redondela, Pazos e Fornelos denuncia os recortes na comarca

RR_Noticias

O colectivo denuncia a eliminación de atención sanitaria en Pazos e Fornelos os sábados pola mañá, que obriga ós veciños destes municipios a desprazarse a Redondela. Isto supón unha sobrecarga de traballo para o centro redondelán, que só conta con dous facultativos para atender a toda a poboación, en moitos casos persoas maiores que deben ser atendidas no seu domicilio.

Un total de trece colectivos veciñais, grupos políticos, sociais, sindicatos e asociacións de pacientes forman parte da nova Plataforma pola Sanidade Pública de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. O colectivo, integrado dentro de SOS Sanidade Pública, quere servir de ferramenta para analizar de primeira man os problemas que supoñen para os veciños da bisbarra os recortes sanitarios. Entre outros salientan as deficiencias nos servizos de urxencias, atención pediátrica e a eliminación de atención sanitaria nos Concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes os sábados pola mañá. Isto supón un grave prexuízo para os veciños destes dous municipios, en moitos casos persoas de avanzada idade, pero tamén para os de Redondela. Emilio Santiago, voceiro da Plataforma, critica que o cambio se fixese “sen consultar a ninguén”, nin usuarios nin profesionais da saúde. Isto implica ademais unha saturación do servizo do centro redondelán, no que só traballan dous facultativos os sábados. Santiago advirte que no caso de que un deles se deba desprazar a Pazos ou Fornelos para facer unha consulta a domicilio “o centro de saúde de Redondela queda cun só médico, que pode ser un pediatra”. Desde a plataforma explican que o seu obxectivo é poñer en coñecemento da sociedade estes problemas, e defender “unha sanidade pública de calidade”. Advirten que as xustificacións do goberno para facer os recortes “son falsas”, e negan que o Sistema Nacional de Saúde non sexa sostible. Emilio Santiago lembra que o déficit da sanidade pública é inferior ó 1,5% do Produto Interior Bruto, e que o goberno “gasta máis dun 15% do PIB en rescatar á banca privada”. A Plataforma denuncia que o interese “oculto” do goberno do PP é “desmantelar” o Sistema Nacional de Saúde tal e como o coñecemos.  

Emilio Santiago voceiro
Este facultativo denunia a degradación do servizo na comarca.
Sistema de Saúde sostible
A Plataforma defende que o actual sistema sanitario é viable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará