Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase aos actos homenaxe a Valentín Paz Andrade

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza o venres 11 ás 19:30 no auditorio José Figueroa un relatorio en torno a á figura do homenaxeado este ano no Día das letras, Valentín Paz Andrade. A charla correrá a cargo do xornalista Xan Carballa, autor que ven de publicar en Galaxia unha antoloxía de textos do político galeguista e escritor.

Co gallo da celebración, o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas, o Servizo de Normalización Lingüística repartirá entre as asociacións culturais e veciñais do Concello dous libros, editados pola editorial Galaxia, sobre a figura deste multifacético persoeiro que foi avogado, xornalista, poeta, economista, home de empresa e político. Trátase da Biografía de Valentín Paz-Andrade e da Antoloxía de Valentín Paz-Andrade, da autoría de Xan Carballa. Ademais, para achegar á cidadanía en xeral, o coñecemento sobre esta figura das nosas letras, o vindeiro venres 11 de maio ás 19.30 h, desenvolverase unha conferencia no Auditorio Xosé Figueroa, onde o xornalista e investigador Xan Carballa disertará sobre o homenaxeado deste ano e sobre a súa obra. Na vindeira semana, dentro da programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela, inclúese unha programación especial para o día 17 de maio, onde todas as compañías participantes son galegas e farán os seus espectáculos na nosa lingua. Ese mesmo día, os soportais da Casa do Concello acollerán unha mostra de libros galegos na que participarán as librerías redondelás e a Asociación Lenda, e onde se repartirán marcapáxinas conmemorativos sobre Paz-Andrade editados polo Servizo de Normalización Lingüística para celebrar este día e divulgar a obra deste persoeiro. E ás 17.30 horas conmemorarase oficialmente o día das Letras Galegas 2012 cun acto institucional nos Xardíns da Alameda.  

Eva García Rei Normalización lingüística
o servizo de normalización organiza diferentes actividades en torno á figura de paz Andrade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará