Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O médico Manuel Martín alerta dos riscos dos recortes na Sanidade Pública

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este xoves no Multiusos da Xunqueira unha conferencia coloquio organizada por Alén Nós na que se abordará a situación actula da Sanidade Pública, un dos piares do estado de benestar que se está a ver afectado polas políticas de recortes.

O doutor Manuel Martín, portavoz da Plataforma pola defensa da sanidade pública, será o encargado de impartir esta charla coa que se pretende trasladar á opinión pública información de primeira man sobre o alcance das reformas que se pretenden aplicar no actual Servicio Público de Saúde. Unhas reformas que ao entender da Asociación Cultural Alén Nos, organizadora da actividade, “supón unha agresión sen precedentes contra un servicio fundamental para todos os traballadores, as súas familias e demais sectores socialmente máis desfavorecidos”. Guillermo Fontán apuntaba dende este colectivo que o obxectivo último dos recortes financeiros é devaluar o servicio sanitario actual de tal xeito que se poida xustificar a súa privatización posterior. Entenden que actividades como a charla que organizan este xoves ás 20:00 horas no Multiusos serven para informar e para concienciar á cidadanía da necesidade de preservar o noso servicio sanitario.  

Guillermo Fontán Alén Nós
Explica os motivos da charla do xoves
Perfil do conferenciante
Doutor e voceiro da Plataforma en defensa da Sanidade Pública

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará