Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela lidera unha liga de traiñeiriñas con poucas regatas no calendario

RR_Noticias

Por inclemencias meteorolóxicas ou por falta de orzamento, a Liga Territorial Sur de Traiñeiriñas só conta con tres regatas antes das probas clasificatorias para o Campionato Galego. O C.R. Chapela impúxose nas dúas probas disputadas ata o de agora en Cesantes e Bueu, e agarda repetir triunfo na última regata que se vai celebrar o sábado en Vilaxoán.

Estaba previsto que esta fin de semana se celebrasen dúas regatas dentro da Liga Territorial Sur de Traiñeiriñas: unha en Vilaxoán, o sábado día 12, e a IV Bandeira Deputación, en Coruxo, o domingo 13. Finalmente só se disputará a proba da localidade de Vilagarcía. A regata prevista para o domingo suspendeuse ao anunciar a Deputación de Pontevedra que non consignara unha partida orzamentaria para poder disputar a proba de Coruxo. Esta circunstancia, sumada ó feito de que a primeira proba do calendario tivo que suspenderse no Grove por mor do mal tempo, deixa a liga con tan só tres regatas. Fernando Collazo, presidente do C.R. Chapela, lamenta que o deporte sexa un dos eidos nos que máis se están a sufrir os recortes por mor da crise, e entende que é “unha mágoa” que regatas como a Bandeira Deputación non poidan celebrarse. En todo caso os redondeláns agardan repetir en Vilaxoán os éxitos das dúas probas disputadas ata o de agora, onde se impuxeron na máxima categoría tanto en Cesantes como en Bueu. No club amósanse “moi satisfeitos” co traballo dos deportistas, tanto na categoría Absoluta Masculina como nas de Xuvenil Masculina e Absoluta Feminina, nas que acadaron tamén a terceira praza. Logo da proba do sábado xa terán que disputar o Campionato Territorial Sur, que será en Meira o día 20 de maio, e logo o Campionato Galego, o día 27 de maio en Tirán.  

Fernando Collazo presidente
No club lamentan que a liga de traiñeiriñas conte con poucas probas por falta de orzamento.
Bos resultados
Collazo salienta o o traballo dos remeiros en todas as categorías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará