Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magos e neurocientíficos estudan en San Simón a percepción cerebral

RR_Noticias

A Illa de San Simón acolle ata o vindeiro xoves día 10 o congreso “Neuromagic 2012” que nesta segunda edición ten como obxectivo estudar os procesos perceptivos e cognitivos que se producen en cerebros afectados por alzheimer, déficit de atención e hiperactividade ou autismo. Un equipo de traballo de Neuromagic ofrecerá o mércores ás 19:00 horas no Multiusos unha conferencia espectáculo para amosar ao público a interacción entre a neurociencia e a maxia dun xeito didáctico.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o alcalde de Redondela, Javier Bas eran os encargados xunto coa coordinadora do evento, a científica Susana Martínez-Conde de presentar esta segunda edición do Neuromagic que reúne en San Simón a numerosos magos e neurocientíficos que reflexionan sobre as conexións existentes entre o cerebro e o ilusionismo. Un Neuromagic 2012 que chega logo do éxito acadado polo primeira edición cuxos logros se concretaron na publicación de diferentes traballos de carácter científico. Uns estudos nos que se pon de manifesto os froitos que a colaboración entre magos e neurocientíficos poden de cara a desvelar o funcionamento do cerebro e os seus mecanismos de atención, a través do estudo dos trucos dos magos ao manipular a realidade con ilusións visuais. Precisamente eses resultados son os que animan á Consellería a seguir apoiando esta segunda edición, segundo explicaba Anxo Lorenzo, quen salientou o axeitado do lugar escollido para a súa realización, o arquipiélago de San Simón rebautizado como Illa do Pensamento “que busca converterse nun espazo de reflexión e debate apostando polo coñecemento e a creatividade”. Logo da edición anterior centrada en tentar desvelar cómo funcionan os mecanismos de percepción nun cerebro saudable, esta segunda edición que parte do lema “Os enganos da mente” ten como obxectivo tamén estudar os mecanismo de atención do cerebro pero aplicando os resultados ao tratamento de trastornos cognitivos como o alzheimer, o déficit de atención e hiperactividade ou o autismo. Entre os ilusionistas convocados nesta edición atópanse o estadounidense Apollo Robbins, James Randi, quen xa participou o ano pasado, famoso pola súa loita contra as fraudes paranormais, Ava Do, experta mentalista que combina esta disciplina coa psicoloxía; e os españois Miguel Ángel Gea e Kiko Pastur, dous referentes do panorama nacional. A representación científica contará con expertos como Mel Slater, Jed Elison, Flip Philips, Beatrice de Gelder, Luis Martínez Otero ou Amir Raz entre outros. Un evento que o alcalde, Javier Bas recoñecía tamén como un xeito de “dar a coñecer Redondela no mundo”. Dentro das actividades do neuromagic, este mércores no Multiusos participarán  a científico Susana Martínez-Conde e o mago canadense James Randi, famoso pola súa intervención nun programa televisivo no que protagonizaba un número de escapismo ofrecendo un espectáculo para amosar ao público asistentes a interacción entre a neurociencia e a maxia dun xeito didáctico. A cita é mañá mércores ás 19:00 horas na Xunqueira con entrada de balde ata completar o aforo.  

Susana Martínez-Conde coordinadora Neuromagic
A científica explicaba os obxectivos do evento
Estudos resultantes do 1º encontro
Traballos científicos xa publicados recollen a colaboración entre magos e científicos
Anxo Lorenzo secretario xeral de Cultura
Actividades de reflexión e debate que converte a Illa nun lugar de encontro do coñecemento
Iniciativa de interese
Apoiar un proxecto que xa tivo moita repercusión na súa primeira edición
Javier Bas alcalde de Redondela
O rexedor entende que este tipo de eventos serven para espallar o coñecemento de Redondela polo mundo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará