Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela fará fronte común ante os “insuficientes compromisos” do goberno coa parroquia

RR_Noticias

Os colectivos da parroquia reuniranse en asemblea o martes día 8 co obxectivo de elaborar un informe coas súas demandas. Non desbotan retomar un calendario de mobilizacións ante o que entenden falta de resposta por parte do concello ás súas necesidades.

Os veciños non desbotan volver saír a rúa como xa fixeran semanas atrás porque entenden que ese é o único xeito de obter unha resposta positiva as súas demandas. Así, lembran que as obras no Camiño do Subido estiveron paralizadas durante semanas ata que non trasladaron as súas reclamacións á rúa. Con todo, aseguran que a actuación realizada na zona “é insuficiente” xa que “se limitou a retirar uns tubos do camiño do Subido e a tapar algunhas fochancas” cando os veciños o que piden é unha actuación integral de adecentamento de toda a zona do Piñeiral. Logo da reunión celebrada na fin de semana xa teñen convocada unha nova asemblea para o martes 8 de maio,  na que se convocará a todos os colectivos da parroquia co obxectivo de facer unha fronte común e elaborar un informe coas demandas da parroquia que lle trasladarán ao goberno local. Nos desbotan ademais a posibilidade de elaborar un calendario de mobilizacións.  

Alberto Covelo veciño afectado
A actuación realizada na contorna do Multiusos é insuficiente ao entender dos veciños
Asemblea o 8 de maio
Reuniranse as asociacións da parroquia para elaborar un informe de necesidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará