Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asemblea do Novo Proxecto Común de Redondela

RR_Noticias

Co obxectivo de aglutinar aos simpatizantes da esquerda nacionalista e republicana, esta tarde ás 20:30 horas preséntase na Casa da cultura o Novo proxecto común de Redondela. Un proxecto que segundo apuntan no seu manifesto constitutivo “nace do inconformismo e o desexo de mudanza a partir da intervención política”. Na asemblea aberta que celebran hoxe convocan aos veciños a se achegar e coñecer os seus principios e obxectivos.

Os promotores deste proxecto fan un chamamento aos veciños para que se sumen a este iniciativa “baseada no asemblearismo e na participación horizontal” e se acheguen á asemblea aberta que van celebrar este tarde ás 20:30 horas na Casa da cultura.
Un novo proxecto político que se define de esquerdas, nacionalistas, democrático e de principios republicanos que reivindica a acción política “como mecanismo lexítimo de poder”. Neste momento atópanse “na ilusionante fase constitutiva”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará