Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate os privilexios da Igrexa

RR_Noticias

Esquerda Unida, a través do representante da Agrupación de Electores, levará ao pleno do xoves unha moción na que solicitan que se suprima a exención do pago do IBI que beneficia aos bens inmobles propiedade da igrexa católica. Demandan tamén do concello que elabore un censo para coñecer cales son os bens no noso municipio rexistrados a nome desa ou de calquera outra confesión relixiosa.

Os datos que aporta este moción redactada por Esquerda Unida estiman que son uns 3.000 millóns de euros os que as arcas públicas deixan de recadar por mor do privilexio que goza a igrexa Católica no pago do IBI. Un privilexio recollido no artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 e que lle permite a Igrexa non ter que abonar o Imposto de bens inmobles.
Unha exención “total e permanente” da contribución territorial urbana que afecta a templos e capelas, residencias de bispos e sacerdotes, oficinas, seminarios e conventos. Apúntase na moción ademais que “cómo a Igrexa católica posiblemente sexa o máis importante propietario inmobiliario do Estado”, este privilexio provoca que se deixan de recadar tres mil millóns de euros, mentres que o aumento deste imposto si vai afectar ao peto da maioría da cidadanía “demostrando unha vez máis que o peso tributario non se reparte de forma nin equitativa nin xusta”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará