Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conta contos, música e obradoiros na VII semana do libro de Soutomaior

RR_Noticias

A biblioteca de Soutomaior celebra durante toda esta semana diferentes actividades abertas a grandes e cativos co gallo da celebración da Semana do Libro. Todas as citas terán lugar ás 17:00 horas.

Soledad Falloza será a encargada de inaugurar esta mesma tarde as actividades cun conta contos que na súa orixe estaba orientado ao público adulto pero que a actriz adaptou para facelo aberto a un público familiar. Mañá martes a quenda será para o ilustrador Manuel Uhía quen impartirá un obradoiro orientado e grandes e cativos no que aprenderán diferentes técnicas de ilustración. Neste caso os interesados débense inscribir previamente na propia biblioteca ou chamanto ao teléfono 986 700 291. As actividades continuarán o mércores cun espectáculo de maxia e música a cargo de Álvaro Muras e Christian Magic baixo o título “Fusionarte” mentres que o xoves serán os mais cativos, nenos de entre 4 e 10 anos, os que se acheguen ao mundo dos monicreques da man de Pablísimo. A semana do libro rematará o venres co espectáculo de contacontos en Inglés “Dear Zoo” a cargo de Hellen Sanderson.  

Graciela Arias biblioteca de Soutomaior
Mañá haberá un obradoiro de ilustración
Maxia música e monicreques
Actividades variadas para mércores e xoves
Dear zoo
Un conto en inglés para rematar a VII semana do libro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará