Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2020

O Apalpador chega a Redondela

RR_Noticias

Faino da man do ilustrador Pepe Carreiro e do escritor Xurxo Valcárcel, veciño de Chapela e responsable do texto. O libro, que ven de ser editado polo Concello de Redondela, presentábase na mañá de hoxe ante preto de cen escolares do colexio de Santo Paio de Abaixo de Reboreda.

Un libro infantil que parte dun poema de Xurxo Valcárcel que, logo de anos espallándose pola rede, concrétase agora nesta publicación que leva por título “A noite do Apalpador”. O acto de presentación tiña lugar no Multiusos de Redondela na mañá de hoxe ante preto dun cento de rapaces do colexio de Reboreda que se levaron cadanseu libro asinado e dedicado polos autores, que previamente explicaron o proceso de creación dos textos e das propias ilustracións. A actividade está enmarcada dentro da IV Semana do libro: A festa das palabras que organizan conxuntamente o Servicio de Normalización e as bibliotecas de Redondela.  

O apalpa barrigas
Por que o nome?
Pepe Carreiro ilustrador
O creador dos Bolechas explica como creou a imaxe do Apalpador
Miguel Angel Alvarez teniente de alcalde
Aproveitou para animar aos rapaces a que reciclen
Xurxo Valcárcel escritor
O responsable do texto explicaba como naceu a idea do libro

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *