Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous detidos polo falecemento dun operario do Magic Circus que tiña previsto actuar en Redondela

RR_Noticias

O Magic Circus solicitara no concello un permiso municipal para actuar na última semana de abril en Redondela. Un permiso que se estaba a tramitar cando onte se producía en Arcade o accidente no que falecía un dos seus traballadores. No caso de Soutomaior o circo carecía dos permisos precisos tanto para a instalación da carpa como para as representacións posteriores.

O Magic Circus tiña previsto presentar o seu espectáculo na vindeira semana no noso concello, concretamente os días 24 e 25 en Chapela e do 26 ao 28 en Redondela. Así o confirmaron fontes municipais que aseguran que os responsables do circo presentaran a solicitude para obter os permisos correspondentes, un trámite que segue os seus pasos a pesar do acontecido na madrugada de onte en Arcade cando un accidente laboral se cobraba a vida dun dos traballadores que participaba na montaxe da carpa no peirao da localidade.
Uns feitos que están a ser investigados pola Garda Civil logo de que se constatase que o falecido, natural de Senegal, carecía de contrato de traballo. De feito, na xornada de onte foron detidos dous dos responsables do circo a quen se lles imputa un delicto contra os dereitos dos traballadores ao que se lle podería engadir un segundo delicto por suposto homicidio por imprudencia. Os detidos quedaron xa en liberdade logo de prestar declaración e a expensas do que decida o xuíz de Redondela.
Todo apunta a que o traballador faleceu logo de ser esmagado pola propia estrutura metálica que manipulaba no momento do accidente, as 3:35 horas da madrugada de onte, e cando se atopaba a máis de dez metros de altura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará