Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Feridos leves os ocupantes de dous vehículos que colidiron na rúa Xosé Manuel Pereira

RR_Noticias

Os feitos producíronse ás 14:50 horas de onte martes cando dous vehículos, un Citroen Saxos e unha Renault Cancún.que circulaban pola estrada de Pazos colidían na curva que se atopa pasada a ponte de Xoan Manuel Pereira. Como consecuencia do impacto un dos vehículos envorcou. A pesar do aparatoso do accidentes tan só se produciron feridos de carácter leve que foron trasladados en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo.

O accidente provocou retencións na estrada que parte da praza de Ribadavia en dirección Reboreda. Unha vía de difícil regulación do tráfico, e aínda máis no lugar no que se producía o accidente, por tratarse dunha zona situada entre dúas curvas e cun elevado paso de vehículos pesados.
Interviron no atención dos feridos así como na regulación do tráfico do accidente ademais dos axentes da policía local, membros de protección civil e ambulancias do 061.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará